viernes, 28 de diciembre de 2007

Navidades

Estuve retirada, largo silencio examen de oposiciones cerca. Alguén tiña que poñer nos temarios que estudar moito perxudica a saúde e o tipo. Eu sigo engordando "adecuadamente" a base de grandes sentadas e nervios+comida.
Parte do tempo: moito frío. Esta mañá foiseme algo o coche nunha curva."La escalera hacia el cielo" (sí e a que leva á oficina), feita de chapas con dibuxo antideslizante tiña xeo. Pés de chumbo. O inverno está eiquí. Unha amiga miña dicía que niste tempo tiras un rapaz ao chao e rebota de tanta roupa que leva.

Estes días atrás andiveron co recordo do Prestige. Larga tristura, larga raiba, longo "Nunca Mais" nas gorxas e no sentimento. Saber que sólo nos temos uns ous outros. Cando pasa algo así sae o mellor e o peor da xente. Lembro aquel silencio no Vitrasa mirando cara as Cíes, tras elas agochada a anguria negra.Nunca Mais

"O povo é quen mais ordena"

No hay comentarios: